Unha peza dramática concebida por un pintor máis que por un escritor, na que son tan importantes os seus aspectos escenográficos (as máscaras, as roupas, as luces) como os literarios. Trata dos amores de tres vellos imprudentes, don Saturio, don Ramón e o señor Fuco, que teñen a desgracia de poñer os seus ollos na mocedade garrida de tres rapazas guapas: Lela, Micaela e Pimpinela.